Alberto González Prelcic

O cociñeiro

Pasaron os anos dende aquel verán de 2008 en que Silabario abría as súas portas, e nestes 6 anos vivimos moitas cousas, algunhas moi boas e outras non tanto, alegrías, risos, metas cumpridas, decepcións, e sobre todo moito traballo.                

Despois destes anos segue máis viva ca nunca unha frase dos primeiros días que dende Silabario facía miña: "comezar dende o principio"; nunca fun amigo de atallos, nunca me apuntei a tendencias efémeras en cociña, a nosa segue sendo unha cociña do Baixo Miño, profundamente galega nas súas raíces que foxe da  globalización gastronómica que difumina a esencia da cociña.