Héctor López

O cociñeiro

Novo, inquedo, humilde e cunha mente aberta, en constante evolución e ganas de aprender día a día. Con dedicación e agarimo polo que fai.

"Comecei traballando no restaurante da miña familia desde moi novo. Despois de cursar os meus estudos no Centro Superior de Hostalería de Santiago, decidín empaparme do que se estaba facendo en España e fíxeno da man de Pedro Subijana e Toño Pérez, entre outros. 

Dende hai algúns anos centreime na cociña do restaurante España, onde día a día tento rexuvenecer a cociña de Lugo." 

Héctor López.