Javier González

O cociñeiro

“Despois de traballar cos mellores e non tan bos, decide lanzarse á aventura de culturizar gastronomicamente a comarca ourensá.”

Aquí atopamos o peso das terras interiores, o influxo e recreación dos vellos pazos galegos ou casas señoriais... Construción típica de granito, luxos burgueses e multiestilísticos no interior, xenerosos espazos diferenciados, cociña que combina o empaque propio da despensa zonal e atrevementos de feliz ensamble e mestizaxe...

En calquera caso, con sabores ben subliñados, que é a aposta que gusta facer o chef Javier González, e que define o seu estilo.