Pablo Romero

O cociñeiro

A afección de Pablo pola cociña comeza desde moi novo na Costa da Morte, onde ve a súa avoa elaborar, no restaurante familiar, aquelas empanadas de millo memorables e aqueles peixes e mariscos. Na súa casa sempre se valorou o bo produto. Foi máis tarde cando decidiu facer da súa afección a súa profesión, deixando os estudos universitarios e dedicándose plenamente á cociña. Aínda que realiza unha cociña actual, nunca prescinde de elaboracións tradicionais que son dificilmente superables.