Yayo Daporta

O cociñeiro

Formado na escola de hostalería de Santiago e en grandes restaurantes como "Casa Solla" e "El Amparo" entre outros.

"Estudei cociña sen ningunha convición e a verdadeira vocación chegoume cando coñecín a cociña de Casa Solla, foi o meu primeiro traballo e tamén o que espertou a miña curiosidade pola cociña de vangarda.  

Iso levoume a outros restaurantes de España. E hoxe baseo a miña cociña no bo gusto e o sentido común, non pretendo ser creativo e manteño a miña cociña a cabalo entre o tradicional e as vangardas."

Yayo