A Gabeira

Miguel Angel Campos

“Equilibrios”

Miguel Angel Campos

“Un atento vixía da ortodoxia coquinaria galega”

Pertenzo á cuarta xeración dun restaurante inaugurado en 1.923. Tiña sete anos cando me queimei elaborando unha salsa de tomate coa miña avoaa Pepucha.A aventura conlevou tres días encamado pero eu tiña claro que quería ser cociñeiro e o meu idilio cos fogóns non fixera máis que comezar. No seo da miña familia, a boa mesa e os grandes cociñeiros facían espectaculares as celebracións na casa. O levamos no sangue que hredamos da miña bisavoa Jesusa, unha persoa moi avanzada para a súa época. Ela é o meu referente pola súa elegancia e o seu perfeccionismo. Adoraba e aloumiñaba a horta e a cociña. Recordo cómo seleccionaba durante unha hora as patacas para facer unha boa tortilla. Esa era por entón a base da súa cocina, xunto cos percebes. En 1.995 tomei as rendas de A Gabeira e me marquei un prazo de cinco anos para, aplicando os meus estudos e habilidades, convertelo nun restaurante de referencia na comarca de Ferrol. Non persigo o favor da crítica, aínda que un sempre agradece que valoren o seu traballo. Cociño para a miña cidade. Aínda que sigo as novas tendencias, as aplico con certa mesura, con humildade, con respeto ó produco e especialmente ó cliente. Podería elaborar pratos máis arriscados pero prefiro pisar firme e seguro porque o restaurante tamén é unha empresa que ten que mantener ás familias que nela traballan. A Gabeira é o meu capricho e a miña ilusión, pero a miña filosofía é realista.

Miguel A. Campos