A Rexidora
Restaurante
“Cociña viva”
Ubicado nunha antigua Casa Grande (Casona) construida a comezos do século XIX, sitúase nas inmediacións da cidade de Ourense, nun privilexiado lugar camiño das Terras de Celanova. Restaurada cun gusto que tenta aunar o clásico e o moderno, atopámonos pedral, cristal e forxa, destacando nos seus salóns, cadros e murais de pintores da vida artística ourensá.
[break]
Merece unha mención especial, un sorprendente patio interior con soportais, típico exemplo de arquitectura tradicional galega, e no que de novo atopamos unha coidada decoración que funde no clásico os toques necesarios do noso tempo, facendo deste entorno un singular escenario para a festa dos sentidos.