Allo e Aceite

Pablo Romero Huelin

“ PONTEVEDRA ”

Pablo Romero Huelin

“Pablo Romero, incansable rastreador de produtos, percorre a diario as prazas da zona en busca dos produtos que entrarán a formar parte do seu menú. A súa carta moi flexible, cambia moi frecuentemente debido aos caprichos da natureza porque non sempre se atopa o que se busca, e moitas veces é o mercado o que nos marca o que se vai servir cada día.”

A afección empeza dende moi novo en "A Costa da Morte", onde ve á súa avoa elaborar, no restaurante familiar, aquelas empanadas de millo memorables e aqueles peixes e mariscos. Na súa casa sempre se valorou o bo produto. Foi máis tarde cando decidiu facer da súa afección a súa profesión, deixando os estudios universitarios e dedicándose plenamente á cociña. Aínda que realiza unha cociña actual, nunca prescinde de elaboracións tradicionais que son dificilmente superables.