Casa Marcelo

Marcelo Tejedor

“Espléndido”

Marcelo Tejedor

“Acabo de cumplir os meus 20 anos como cociñeiro e non podo deixar de marabillarme ainda pola dureza e beleza deste oficio... ”

Acabo de cumplir os meus 20 anos como cociñeiro e non podo deixar de marabillarme ainda pola dureza e beleza deste oficio. A miña experiencia a carón de "monstros" como Jacques Maximin ou Juan Mari Arzak fala por sí mesma da calidade humana deles mesmos: puiden, de xeito natural, atopar unha linguaxe que me é íntima, onde nado a pracer, iso si sempre escoitando a mensaxe dun produto que é pura poesía. Gustaríame pensar que a sazón dos meus pratos é o sentido común, virtude algo desdeñada nos últimos tempos, e que sen dúbida herdei da miña nai.[break] Tamén impregnados do atrevemento visionario do meu pai e como non, do aire atlántico, do verdor e da melancolía desta terra galega que viume nacer. Gustaríame que Casa Marcelo fose cada vez máis un pequeno templo para a suculencia e a delicuescencia culinaria. Por isto e para non complicar demasiado as cousas, propóñovos (o que xa se converteu na miña imaxe de marca) o meu Menú Degustación.

Marcelo