Culler de Pau

Javier Olleros

“Unha visión de elegancia gastronómica”

Javier Olleros

“Cociña con Raices”

Estudou Cociña na escola pública de Hostelería de Santiago de Compostela, Javi Olleros pertence a unha familia de tradición hosteleira no Grove, herdou o oficio do seu pai, cociñeiro emigrado a Suiza, e o bo facer da súa nai, propietarios do Hotel Mar Atlántico en O Grove. Durante os catro meses que pechaba o hotel, Javier aproveitaba para facer stages en cociñas de aquí e acolá. Estivo en Casa Solla, en Toñi Vicente, con Arola en La Broche (Madrid), con Martín Berasategui, en Bica do Sapato (Lisboa), Balzac (Madrid), Zallo Barri (Gernika), e rematando os seus stages no mundo de Seiji Yamamoto (Tokio). Olleros levaba catro anos procurando facer algo, montar o seu propio Restaurante. Culler de Pau