Javier Rodríguez Ponte "Taky"

Restaurante

“Orientación ó Sabor!!”

O mundo e os seus mercados, fontes inesgotables de inspiración culinaria e un dos meus maiores pasatempos á hora de viaxar.

Dar unha voltiña por un mercado de alimentos de calquer país que visites, é a máxima aproximación a sua gastronomía e a sua forma de percibir a comida. Ensinache cales son os seus ingredientes básicos e danche unha idea moi fiable acerca das suas pautas de sabor.

Mesturar o que coñeces, co que acabas de descubrir (ben sexan ingredientes ou conceptos) e para min, unha das formas máis interesantes de concebir pratos. Cando visito un mercado, un montón de ideas veñen a miña cabeza. Gustame facer unhas fotiños para reflexionar despois sobre o que vin. Para a miña sorte, os mercados da miña terra están preto dabondo par poder patealos a miudo sen ter que sacarlle fotos, en canto os demais, eiqui quedan algúns recordos que me influiron.