Nove

Novas

Recetario_thumb138

O pasado 24 de xuño o recetario que Pereira realizou en colaboración con Nove recibiu un premio do FROM. Dentro dos “Premios de Recoñecemento ao Sector Pesqueiro”, o recetario foi galardoado na categoría de mellores accións promocionais para concienciar aos nenos da importancia dunha dieta saudable rica en peixe. Pereira conseguiu este recoñecemento nunha convocatoria aberta a tódalas empresas do sector a nivel nacional.

O recetario, lanzado a finais de 2009, foi presentado en 3 centros do Corte Inglés de Galicia. No acto un grupo de nenos, axudados polos nosos cociñeiros, levaron a cabo as receitas do libro.

O xurado do FROM valorou a labor levada a cabo polo Grupo Pereira para fomentar o consumo de pescado entre a poboación infantil ao conseguir que máis de 100 nenos y 10 profesores dos principais colexios de Vigo, Santiago e A Coruña participaran na iniciativa. O recetario distribuiuse a máis de 280 colexios de España e Galicia. En dúas semanas agotaronse as existencias do recetario dispoñibles nas tendas (máis de 5.000 exemplares). En apenas 3 meses preto de 1.500 personas descargáronse o recetario, non só dende a web de Pereira senon desde outras web especializadas en temas gastronómicos que realizaron links á web da empresa. Trala presentación do recetario, en 4 meses as visitas a www.pereira.es incrementáronse nun 83%. As visitas produxéronse dende 64 países diferentes.

O recetario aínda se atopa dispoñible para a súa descarga na páxina web de Pereira](http://www.pereira.es) e no perfil de facebook de Nove

O cociñeiro compostelán Marcelo Tejedor, un dos máis recoñecidos do panorama galego actual, foi un dos invitados á primeira edición do congreso Panamá Gastronómica-Convergencia de Culturas, celebrado recentemente na capital. Na súa presentación, Tejedor levou aos asistentes por un percorrido a través de algúns dos pratos máis emblématicos do seu restaurante, Casa Marcelo, como o cefetocaldo, o tomate kinder, a pescada do Celeiro o as algas.

Presisamente, estas últimas cautivaron ao público presente, entre os que se atopaban estudiantes de artes culinarias e algúns dos máis reputados cociñeiros do país centroamericano. Tejedor foi o único cociñeiro español invitado ao congreso.

Bea_no_senac_thumb138

Do 18 ao 29 de maio o centro de arte contemporáneo brasileño Inhotim celebra Sabor e Saber, un evento que intenta harmonizar o arte contemporáneo coa alta cociña. Entre os 4 cocineros presentes este anoatópase Beatriz Sotelo, do restaurante A Estación de Cambre. Beatriz impartiu unha conferencia o día 25 sobre a cociña galega, e ao día seguinte charlou cos xoves do proxecto “Chefs do Amanhã”, que estudan hostalería nun proxecto do goberno. A chef falou con eles acerca da súa traxectoria dende o inicio como estudante ata acadar unha estrella Michelón o ano pasado. Por último, Beatriz ofrecerá unha cea harmonizada con cavas y viños españois o sábado 29 de maio.

O Clube Millésime reúne este martes a doce chefs que competirán por gañar o I Premio Millésime, creando en directo tapas e pratos de menú de deseño. O obxectivo desta cita gastronómica, que se celebra en Madrid, é “promover a relevantes chefs de diferentes comunidades do país que representan a mellor canteira culinaria para consolidar o futuro da cociña española”.

O representante gallego será o pontevedrés Xosé T. Cannas, cociñeiro de Pepe Vieira Camiño da Serpe. Xunto a él competirán Jesús Ramiro Flores (Valladolid), Marcos Morán (Asturias), Eneko Atxa (Euskadi), Alejandro Sánchez (Almería), Julio Fernández (Sevilla), David Yárnoz (Navarra), José Carlos García (Málaga), Ricard Camarena (Valencia), Pablo González-Conejero (Murcia), Sergio e Javier Torres (Barcelona) e Fernando del Cerro (Madrid).

Pepe_solla__en_cocina__thumb138

Pepe Solla representará a Galicia na Expo de Shanghái nunhas xornadas gastronómicas que se celebrarán no Hotel Meliá. Estas xornadas contan coa participación de grandes chefs de España e China. Cada un deles terá unha semana para mostrar aos asistentes a cociña da súa terra. Pepe Solla, xunto con Xosé Cannas (Pepe Vieira, Poio) estará presente do 17 ao 23 de maio. Ambos cociñeiros deseñaron un menú, xunto a un coñecido chef chino, intentando adaptar a cociña galega aos produtos autóctonos. "Levar productos galegos a China é case imposible, así que nunha viaxe previa a Shanghái fun ao mercado para coñecer os produtos dos que disponía e, a partir de aí, deseñamos os platos", explica Pepe Solla. O seu menú componse de: un entrante realizado a base de conservas Cuca e unha entrada de vieira por ser un dos iconos de Galicia. Despois servirán un lumbrigante e, como plato de carne, capón. No postre haberá queixo de tetilla. Acompáñase todo de viño das catro denominacións de orixe galegas.

O Instituto de Vinhos do Douro e Porto organizará unha degustación especial no restaurante pontevedrés Casa Solla o mércores día 12 de maio. Baixo a denominación “Harmonías e sabores con Oportos” degustaranse 5 postres elaborados polo chef Pepe Solla cunha selección de 5 viños de Oporto: white (blanco), tawny 10 anos, tawny 30 anos, LBV e vintage. Esta experiencia está especialmente dirixida a profesionais que desexen tener novas experiencias con estes viños e cos postres elaborados para a ocasión polo cociñeiro pontevedrés.

A primeira asemblea do Grupo Nove no 2010 tivo lugar o pasado domingo 11 de abril no Pazo de Ulloa. Contou coa asistencia de Antonio Botana (restaurante Pandemonium), actual presidente da asociación, Gonzalo Rei (Restaurante El Mercadito), Roberto Filgueira e Iñaqui Bretal (Restaurante Eirado da Leña), Miguel Campos (Restaurante A Gabeira), Xoán Crujeiras (Restaurante La Estación), Taky Rodríguez Ponte, Alberto González (Restaurante Silabario), Yayo Daporta (Restaurante Yayo Daporta), Pepe Solla (Restaurante Solla) e José T. Cannas (Restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe).

Entre os acordos adoptados decidiuse a posta en marcha da nova peza de comunicación, que este año verase complementada cunha campaña de comunicación integral, así como a actualización e ampliación dos contenidos da páxina web do grupo. Tamén se debatiu a realización de varios proxectos como o libro de contos, ou unha actividade gastronómica en Santiago de Compostela en xulio.

Retrato2-138x138_thumb138

Chegou o momento de reunirnos de novo e poñer en común as nosas mellores ideas. Este domingo en Cambados, no Pazo de Ulloa, volarán as propostas; de aquí so poden sair novas loucuras...

Xose_torres_cannas_thumb138

O cociñeiro do Grupo Nove, Xosé Torres Cannas (Restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe en Poio) é un dos doce profesionais finalistas da I edición do 'Chef Millesime by Cruzcampo Gran Reserva', certame que ten como obxectivo destacar a labor dos profesionales que "van facer posible que o esplendor da cociña española siga" segundo publica o Diario de Pontevedra.

Cannas foi elexido por un comité de expertos e compite con outros once cociñeiros españois. Entre os aspirantes están Jesús Ramiro -Ramiro´s Valladolid), Jesús Fernández (Abantal Sevilla), Fernando del Cerro (Casa José Aranjuez), José Carlos García (Café de París Málaga), Alejandro Sánchez (Alejandro Almería), Eneko Atxa (Azurmendi Bilbao), Marcos Morán (Casa Gerardo Asturias), Ricard Camarena (Arrop Valencia), Pablo González (La Cabaña Murcia), Sergio e Javier Torres (Dos cielos Barcelona) e David Yarnoz (El Molino de Urdaniz Navarra).

O presidente do clube gastronómico de empresa, Manuel Quintanero, explicou que a organización editará un libro cos perfis dos doce cociñeiros, que ata o encontro realizarán tres das súas recetas e seis almorzos en distintas capitales de España. Xosé Torres Cannas faraino en Valladolid, o próximo xoves, contra Jesús Ramiro Flores, ambos recoñecidos cunha Estrela Michelín.

33_thumb138

O restaurante Allo e Aceite, do chef do grupo Nove Pablo Romero, trasládase ao centro de Pontevedra, á Rúa Nova de Arriba, nº7, Pontevedra (próxima á Alameda). A inauguración terá lugar o:

Jueves 18 marzo 20:00h

Alumnos del I.E.S de Villamarin en A Rexidora

El pasado 21 de Octubre, un grupo de alumnos del Centro de Hostelería de Villamarín, visitó las instalaciones de nuestro restaurante y pudo saborear un menú elaborado para la ocasión.

Cocinando en Madrid

Algunas fotos en Madrid de de la presentación en el Mercado Gatrónomico La Plaza con la colaboración de A Coruña 365 grados

Forum Gastronomico de Santiago 2010: Casa Marcelo & Puerto de Celeiro

Ayer se presentó en el Hostal de los Reyes Católicos de Santiago de Compostela el Forum Gastronómico 2010.
Nuestro trabajo en esta 2ª edición será un taller que versará sobre la Merluza de Celeiro, en colaboración con Puerto de Celeiro y con la asistencia de uno de sus patrones de pesca, Eduardo Míguez.

Iremos de pesca con Eduardo y luego, nos mostrará la vida en un barco del...