O Retiro da Costiña
Restaurante
“Parque gastronómico”
Este é un oasis incrible nunha noble terra coquinariamente escuálida. De súpeto, no páramo culinario, aparece este retiro como salvación do camiñante que busque, ademais de Finisterrae, un soplo de modernidade gastronómica e de confor hostaleiro, sobre a limitada aínda que respetable rutina da ruta. Brilan aquí, sobremanera polo que lle rodea, os equipamentos ambientais (edificio e decoración de respecto), os equipamentos para o gastronómada esixente: unha cociña de produto ben definida dende os aportes da modernidade por Leonor. E unha bodega sorprendentemenre rica e positivamente caprichosa. E todo isto "creado" pola familia García con Manuel no cartel exterior e o seu pai na dirección do establecemento. A luminosa excepción.