Silabario

Restaurante

“Comezar dende o principio”

O Silabario era un antigo caderno para aprender a escribir. Igual que un meniño na escola, no noso restaurante partimos das bases da cociña tradicional, guisos pausados, brasas de leña de carballo, repostería artesá... e adaptamos os pratos aos tempos actuais, utilizando as novas técnicas da cociña moderna e empapándonos co bo que ven de fora, collendo substancia, crecendo... facemos unha cociña eminentemente galega, influenciada por todo aquilo que nos rodea e enriquece. A situación fronteiriza imprime sen dúbida carácter á carta do Silabario e o vivir á raia vai deixando no noso restaurante pequenos guisos do país veciño.