Silabario

Alberto González Prelcic

“Comezar dende o principio”

Alberto González Prelcic

“Cociñeiro de formación e vocación”

Tres puntos clave son os que marcan escoller os fogóns coma unha maneira de entender a vida. O primeiro, o exemplo familiar, e ver á miña nai na cociña día tras día ao longo da miña nenez e adolescencia. O segundo, a miña formación no Centro Superior de Hostalería, no que afiancei unhas sólidas bases sobre as que comezar a crecer profesionalmente. O terceiro, o paso por Casa Solla, onde a cociña pasou para min de profesión a paixón. Estes tres ingredientes básicos foron enriquecéndose co paso por outras cociñas de primeira fila e a realización de diferentes cursos ata que, sen que te das conta, te ves ao frente dun proxecto vital que te apaixona e ilusiona... igual que un neno que aprende a escribir coa axuda dun "silabario".