Alberto González Prelcic

Menú

Cociña galega por concepto e convición, renovada pero con toques de alta cociña clásica. A brasa de leña de carballo, o río e a despensa do Baixo Miño son o sinal de identidade da nosa cociña.

Ofrecemos tres menús: Tempo, Raíces e Berbés, este último só de martes a venres.

Berbés: A luz, o reflexo dos barcos, o chiar das gaivotas, o rebumbio das pescantinas cos carretóns…, o espectáculo repítese a cotío e nós mergullámonos nel. Un menú para os días laborables, para reconfortarnos co produto do mercado e continuar coa actividade diaria.

Tempo: A nosa visión máis directa da cociña de tempada; o resultado son cinco pratos cheos de produto estacional e cercano. Unha cociña que respecta os tempos da natureza e da nosa despensa, potenciados pola elaboración contemporánea.

Raíces: Este menú fálanos de pucheiros, de calor, de cheiros e sabores coñecidos, pero cunha elaboración complexa e unha presentación coidada. Un percorrido gastronómico que nace das  raíces máis profundas do receitario tradicional galego e medra, evoluciona e desenvólvese cara a unha cociña franca, directa e plenamente recoñecible, cun claro selo de autor.