Álvaro Villasante

Menú

CARTA

As suxestións na cociña dependen da tempada. Cambiamos a carta cada 6 meses: primavera-verán e outono-inverno. En outono, as propostas están baseadas na cociña silvestre, tanto na sala do restaurante, coma na barra en formato de pequenas tapas ou racións. Caza, cogomelos, castañas, mel, froitas... todas teñen presenza nun restaurante que mira cara ao seu contorno e todo o que produce.

Contamos con varios menús:

  • Menú Expres e Menú Pesca de Rías: ambos de luns a venres mediodía laborables, estes dous menús modificámolos cada 15 días.
  • Menú Degustación: todos os días.

SOBREMESAS

Dispoñemos dunha carta na que podemos atopar sobremesas con xeados de elaboración artesanal, un mini carro de queixos nacionais e estranxeiros.

Contamos tamén cunha ampla selección de viños, destilados, cafés de orixe, infusións e cigarros.