Manuel Costiña

Menú

- Menú degustación
O menú esta composto por doce pratos e sobremesa. O seu prezo é de 75,00€ i.V.E incluído. 
*Bebidas non incluídas

- Menú Regalo
Para esas persoas ás que desexes facerlles un agasallo especial, ofrecémosche unha experiencia gastronómica completa, facendo un percorrido polos tres ambientes do restaurante (Adega, salón comedor e salón de sobremesa). Inclúe:
. Aperitivo en adega
. Menú degustación en comedor, maridado
. Sobremesa: café e dixestivo
. Prezo: 110,00€


- Carta de Viños
820 Referencias de viños repartidas entre 65 Denominacións de Orixe nacionais e internacionais, 11 zonas de produción internacionais. Todas elas perfectamente climatizadas, controlando temperatura e humidade, tanto de conservación como de servizo. O criterio de selección dos viños é laborioso debido á busca constante de pequenos produtores e sen esquecernos de estar ben provistos de grandes viños de recoñecemento internacional.

- Carta de Destilados:
800 destilados. Entre os que se atopan pezas de coleccionistas como Macallan de 40 e 50 anos ou unha colección de Armagnac que vai desde o ano 1890 ata o 1996, tendo unha botella por ano.