Álvaro Villasante

Inicio > Álvaro Villasante > Novas > Estreamos páxina web: www.paprica.es e carta do gastrobar-terraza

Estreamos páxina web: www.paprica.es e carta do gastrobar-terraza

Estreamos páxina web: www.paprica.es. Moito máis completa que a anterior, desde a que podes reservar, con máis seccións e máis info para que nos coñezas mellor e che sexa máis doado localizarnos, calculando a ruta desde o teu lugar de orixe ata o Paprica… Con galería de imaxes,  coas novidades na carta a medida que imos actualizándoa, para que elixas o que che apetece en cada momento, cos tipos de menú... Se botas en falta algo máis… cóntanolo!!

E tamén estreamos nova carta no gastrobar-terraza para que non perdas nin miga de sol e goces todos os sabores made in Paprica nas longas e cálidas noites de verán.