Álvaro Villasante

Inicio > Álvaro Villasante > Novas > Álvaro Villasante, nominado a "Cociñeiro do ano 2014"!

Álvaro Villasante, nominado a "Cociñeiro do ano 2014"!

O Fórum Gastronómico e La Voz de Galicia convocan o premio “Cociñeiro do Ano” por primeira vez en Galicia. Os candidatos son cociñeiros mozos que representan a nova cocina galega e que teñen en común a utilización de produtos de proximidade, o respecto pola terra e a súa relación cos pequenos produtores.  

Un xurado de expertos formado por cociñeiros e xornalistas gastronómicos foi o encargado de seleccionar os cinco candidatos que finalmente son os seguintes: Álvaro Villasante, Lucía Freitas, Diego Bello, Dani Guzmán e Diego López.

  

Como vedes, entre os nominados está a cociña de Paprica, personificada en Álvaro Villasante. Agora tócavos decidir a vós, porque a votación é popular. Se queredes apoiarnos e votar por Álvaro Villasante podedes facelo na web do premio: http://www.cocineirodoano.com/es  

Tedes ata o día 18 de febreiro para votar. Ademais, entre os que participen sortearanse  5 comidas para 2 persoas en cada un dos restaurantes nominados.   

Coñeceremos o resultado o vindeiro 23 de febreiro no Fórum Gastronómico Coruña 2014 (ExpoCoruña) despois de ver os cociñeiros en acción na sesión que realizarán ás 16.30 h.   Para votar hai que identificarse e só se poderá realizar un voto por DNI, teléfono e correo electrónico.  

GRACIÑAS POLO VOSO APOIO E FIDELIDADE!