Álvaro Villasante

Inicio > Álvaro Villasante > Novas > EXTRA! Menú degustación por 25 €

EXTRA! Menú degustación por 25 €

Estreamos carta apostando forte polo mercado do día, ingredientes que atopamos na praza os martes e os venres, frescura, produto de tempada de elaboración diaria. Para celebralo, ofrecémosche o menú degustación... por 25 €, a saber:

  • Snack do día
  • Sashimi de xurelo de anzó
  • Ensalada César de pito campero e hiziki
  • Pescada do pincho con miniporros e crema torrada das súas espiñas
  • Croca de tenreira grellada e chimichurri de pexego
  • Tarta Sácher   

Lembra: martes, mércores e xoves todo o día e venres no servizo do xantar.  

Non quedes sen probalo!! Reservas: 982 255 824