Álvaro Villasante

Inicio > Álvaro Villasante > Novas > Paprica está de aniversario

Paprica está de aniversario

O restaurante Paprica cumpre sete anos dende a súa apertura. Un aniversario marcadopola ilusión deste proxecto que segue a ser coma a do primeiro día. Unha data na que o equipo non quere esquecer a toda a xente que pasou polo restaurante e coa que compartiron grandes momentos e experiencias. Dende Paprica brindamos por moitos anos máis rodeados de amigos e compañeiras, superándonos día a día na cociña e mimando ao máximo o produto. Grazas!