Inicio > Novas > Celebramos o noso décimo aniversario!!

Celebramos o noso décimo aniversario!!

Nove quere celebrar os 10 anos como asociación gastronómica nunha festa de exaltación da cociña de Galicia que conta con varios precedentes, o último deles un showcooking celebrado no espectacular escenario do Teatriz de Madrid, en novembro de 2012, que reuniu a máis de 300 persoas, nun grande acto de promoción da despensa e a alta cociña galegas.

Nesta ocasión, e para poñer a guinda a estes eventos promocionais, os cociñeiros congregarán a unhas 800 persoas para gozar da excelencia gastronómica de Galicia a través de máis dunha vintena de creacións culinarias exclusivas realizadas en tempo real polos cocineros Nove.

O espazo elixido é a Cidade da Cultura. Situada en Santiago de Compostela, esta maxestosa construción pétrea deseñada polo prestixioso arquitecto norteamericano Peter Eisenman, é o lugar idóneo polo seu significado e proxección cultural para acoller este showcooking. 

O evento desenvolverase no Museo Centro Gaiás, onde se instalará un grande escenario para a presentación do acto que correrá a cargo de dous profesionais de recoñecido prestixio e moi vencellados ao sector, Manuel Gago e Soledad Felloza. Na platea dispoñeranse barras de grandes dimensións onde os cocineros empratarán e darán os últimos toques ás súas propostas, desde as súas cociñas instaladas para a ocasión neste amplo espazo. Os convidados poderán achegarse aos cociñeiros e coñecer o proceso de elaboración e o produto que están degustando.

O espazo tamén estará dotado de diversos soportes audiovisuais onde aparecerá información sobre a técnica e produto de cada creación, ademais de imaxes dos principais recursos turísticos de Galicia.

Nove grandes Chefs españois
Nesta ocasión, os cocineros van estar arroupados por nove grandes chefs españois que gozan de gran prestixio e popularidade: Alberto Chicote (Top Chef), Darío Barrio (Restaurante Dassa Bassa. Madrid), Carlos Pousadas (Hotel AC Santo Mauro. Madrid), Macarena de Castro (Restaurante Xardín. Mallorca), Paco Roncero (Casino de Madrid), Diego GuerreroNacho Manzano (Casa Marcial. Asturias) e Pedro Morán (Casa Gerardo).

O evento, patrocinado por Martín Códax e Cruzcampo Gran Reserva e coa colaboración de Cafeneto e Augas de Mondariz, contará coa asistencia de profesionais de alta cociña, representantes de asociacións e grupos gastronómicos, personalidades do ámbito empresarial ligadas ao sector culinario e da alimentación, así como medios especializados e xeralistas, plataformas de difusión ligadas ao sector da gastronomía e os bloggers máis influíntes, ademais de numerosas autoridades procedentes de toda Galicia e por suposto amigos e seguidores do Grupo.