Somos Nove

Formamos a primeira tripulación con nove integrantes no ano 2002. Fomos medrando e puxemos rumbo á innovación pero cun forte compromiso coa tradición, a sociedade e a cultura galega.

Apostamos por unha gastronomía diferente: creativa, sinxela, emocional, elaborada con produtos de calidade e con sabores que amplían os horizontes cara a outras experiencias.

Sentimos paixón por Galicia e a súa materia prima, respectándoa e evolucionando con ela sen complexos. Navegamos polo atlántico sen temor, apoiados nun longo percorrido que aglutina unha grande experiencia e sabedoría. Polo que podemos aportar moito ao sector e aos futuros e futuras navegantes que se mergullen no mundo profesional da cociña de autor.

Somos o faro da gastronomía galega.

Mergúllate en profundidade no mundo da nosa tripulación de Nove
Cociñeiros/as

Agasalla unha experiencia única

Explora novos horizontes cos menús degustación dos restaurantes dos nosos cociñeiros

Bonos regalo

Proxectos de alta mar

Somérxete de cheo nos proxectos que realizan os cociñeiros e cociñeiras de Nove

Ver proxectos

Explora a nosa bitácora

Ver bitácora

Como referente da gastronomía galega, a agrupación de cociñeiras e cociñeiros NOVE ten un compromiso co territorio, a sociedade e a educación. Desta forma, desde NOVE apóianse diferentes iniciativas de responsabilidade social corporativa que queremos compartir convosco.

Coñecer as iniciativas
  • V Festival solidario Nos seus pés para as persoas refuxiadas 20 Outubro, 2023 - Nos seus pés é un festival que ten coma obxectivo defender os dereitos das persoas refuxiadas e recadar fondos.
  • VI Concurso de Cociña “En ASPACE cociñamos xuntos” 5 Xuño, 2023 - Varios cociñeiros NOVE colaboraron con ASPACE formando parte do xurado do VI Concurso de Cociña "En ASPACE cociñamos xuntos”.
  • I Congreso ACDgal 21 Novembro, 2021 - Yayo Daporta e Javier Rodríguez “Taky”, en representación de NOVE, ofreceron unha charla sobre alimentación e calidade de vida.
  • Art for Dent 28 Setembro, 2021 - A Asociación galega da enfermidade de Dent nace da iniciativa dun grupo de familias galegas de Muros, Pontevedra, Lugo e Brión con nenos afectados por esta enfermidade.
  • A horta do CEIP Campolongo 28 Setembro, 2021 - O CEIP Campolongo levou a cabo durante o curso escolar 2020/2021 o proxecto A horta viaxeira, baseado nunha horta municipal que o colexio traballou con axuda dos nenos e as súas familias.
  • Taller de Solidaridad 28 Setembro, 2021 - Taller de Solidaridad é unha fundación española de cooperación internacional para o desenvolvemento na procura da xustiza social, para protexer a dignidade e mellorar as condicións de vida das mulleres e dos colectivos máis vulnerables.

Que contan de nós?

Ver tódalas novas

Acompáñannos nesta viaxe: