Alberto González Prelcic

Inicio > Alberto González Prelcic > Silabario - O Restaurante

Silabario - O Restaurante

O Silabario era un antigo caderno para aprender a escribir. Igual que un neno na escola, no noso restaurante partimos das bases da cociña tradicional, guisos pausados, brasas de leña de carballo, repostería artesá... e adaptamos os pratos aos tempos actuais, utilizando as novas técnicas da cociña moderna e empapándonos co bo que vén de fóra, collendo substancia, medrando... facemos unha cociña eminentemente galega, influenciada por todo aquilo que nos rodea e nos enriquece.

Silabario-A Sede está localizado na rúa Principe de Vigo, na cúpula do emblemático edificio do RC Celta, onde era  antigo Círculo Mercantil. Todo un símbolo na nosa memoria.