Antonio Botana

Inicio > Antonio Botana > Pandemonium - O Restaurante

Pandemonium - O Restaurante

O restaurante encádrase nun proxecto que pretende desenvolver unha cociña de autor baseada no produto autóctono e nunha busca incesante da mensaxe que a propia materia prima poida transmitirnos, para todo isto entendemos como dunha importancia suprema o acceso directo ao produto e o estudo do mesmo para tratar de atopar a súa maior expresión. Tamén entendemos como fundamentais outros factores que contribúan a que o cliente teña unha experiencia que trascenda ao mero feito culinario, como é un servizo dinámico e eficaz, unha oferta vinícola de amplo espectro e unha imaxe do restaurante que complemente todo isto.