Javier González

Inicio > Javier González > A Rexidora - O Restaurante

A Rexidora - O Restaurante

Localizado nunha antiga Casa Grande (Casona) construída a comezos do século XIX, sitíuase nas inmediacións da cidade de Ourense, nun privilexiado lugar camiño das Terras de Celanova. Restaurada cun gusto que trata de axuntar o clásico e o moderno, atopámonos pedra, cristal e forxa, salientando nos seus salóns, cadros e murais de pintores da vida artística ourensá.  

Merece unha mención especial, un sorprendente patio interior con soportais, típico exemplo de arquitectura tradicional galega, e no que de novo atopamos unha coidada decoración que funde no clásico os toques necesarios do noso tempo, facendo deste contorno un singular escenario para a festa dos sentidos.  

OUTROS:  

  • Salas e reservados: 4 salóns de 6, 12, 25 e 50 pax.
  • Servizos adicionais: Wifi, catering, cursos...
  • Terraza
  • Tenda