Lucía Freitas

Inicio > Lucía Freitas > Restaurante A Tafona

Restaurante A Tafona

Non hai conceptos efémeros cando nos sentamos á mesa en A Tafona, pero si moitos contrastes: un envoltorio de pedra cálida, luz e cor que nos arroupa cunha xentileza sólida, opostos que non o son tanto, porque aquí o pulso firme de Lucía remata pratos que emocionan, polo seu coidado e o seu extremo respecto ao produto.
“A cociña é como o máis esixente dos amantes, pídeche tempo, dedicación e paixión. Has de cociñar con e por amor a ela”.