Manuel Costiña

Inicio > Manuel Costiña > O Retiro da Costiña - O Restaurante

O Retiro da Costiña - O Restaurante

É este un oasis incrible nunha nobre terra coquinariamente escuálida. De súpeto, no páramo culinario, aparece este retiro como salvación do camiñante que busque, ademais do Finisterrae, un sopro de modernidade gastronómica e de confort hostaleiro, sobre a limitada aínda que respectable rutina da ruta.  

Brillan aquí, de xeito especial, os equipamentos ambientais (edificio e decoración de respecto) e equipamentos para o gastronómada esixente: unha cociña de produto ben definida desde os aportes da modernidade por Leonor. E unha adega sorprendentemente rica e positivamente caprichosa.  

E todo isto “creado” pola familia García con Manuel no cartel exterior e seu pai na dirección do establecemento. A luminosa excepción.

Outros servizos:
 
 
- Aparcadoiro privado.
- Zona exterior axardinada.
- Acceso a persoas con discapacidade.
- Salóns privados.
- Salón de reunións.
- Servizo de recollida de clientes.
- Servizo de catering e eventos.
- Tenda de Viños.
- Asesoramento de adegas particulares.