Yayo Daporta

O Restaurante

É un dos novos valores da cociña galega mellor dotados para o oficio, de aí a súa irresistible ascensión, progresiva pero sen rebumbio. Tímido, ou cauteloso, ou respectuoso, ou as tres cousas á vez, o caso é  que Yayo gaña confianza e a súa cociña aporta praceres superiores con cada visita ao seu chalet-restaurante do Cambados antigo.  

Na súa planta primeira, e trala pedra, o deseño nobremente funcional, avisa, e non defrauda, de que estamos ante un moderno que aplica os coñecementos do novo século a uns produtos de sempre, proporcionados pola lonxa inmediata, a depuradora de mariscos familiar, ou pola horta e cabana do fértil e “albariñeiro” val do Salnés. Outro toque de fusión...