Inicio / Pepe Solla / Restaurante

Pepe Solla

Casa Solla - O Restaurante

A solidez acadada, en tan pouco tempo, por Pepe Solla na cociña só é explicable por dúas razóns: porque o leva na sangue, e porque, cada ano menos “junior”, buscou o perfeccionismo en tempos de madurez persoal. E porque resultou que ademais do interese pola progresión da cociña galega (herdada do tipismo dos seus pais) o vástago que comezou como sumiller, tiña unha man (e unha cabeza) para a comida ben combinada e ben feita... reservada unicamente para os escollidos. Como resulta que o seu compromiso coa causa está por riba da codicia comprensible, ofrece ao comensal acabados maxistrais, pero, tamén, espazos xenerosos, tanto no comedor minimalista e elegante, coma na sala de estar... confortablemente no aperitivo ou na sobremesa. A madurez xenerosa.

OUTROS

  • Sala: 9 mesas nun único espazo axuntando cociña, salón e estar cun deseño moi contemporáneo nunha edificación clásica e tradicional de Galicia.
  • Servizos adicionais: distintos pazos destinados a vodas e todo tipo de celebracións.
  • Catering



Casa Solla Avda. Sineiro, 7. CP 36005 San Salvador de Poio (Pontevedra). T: + 34 986 872 884 / correo@restaurantesolla.com